Saltar al contenido

Toca no The Temple

Poñemos á vosa disposición un escenario completamente equipado, sistema de son profesional, mesa dixital, microfonía e backline. Todo o necesario para que vos centredes no máis importante: a vosa música.

Mándanos a túa proposta

Chámanos preferiblemente; se non, escríbenos por WhatsApp ou mándanos un correo.

O máis rápido é unha chamada ou un WhatsApp. Por correo tamén che contestamos, pero tarda máis.

Cóntanos isto

  • Quen sodes, de onde vides e que estilo de música tocades
  • Unha ligazón para escoitarvos ou vervos en directo (YouTube, Spotify, redes sociais…)
  • Cantos músicos sodes sobre o escenario
  • Que datas tedes dispoñibles
  • Que caché ou condicións económicas propoñedes
  • Un contacto para poder falar convosco